CASA C-207 Azor
Aparencia
CASA C-207 Azor | |
---|---|
Tipo | transporte |
Fabricante | CASA |
Primeiro voo | 28 de setembro de 1955 |
Introducido | 1960 |
Retirado | 1982 |
Principais usuarios | Exército do Aire de España |
Produción | 1952 - 1967 |
Unidades construídas | 20 + 2 prototipos |
O CASA C-207 Azor foi un avión de transporte de tropas e carga de curto e medio alcance bimotor de á baixa, aínda que inicialmente foi planeado para o mercado civil como avión de pasaxeiros. Foi construído pola compañía española Construcciones Aeronáuticas S.A. (CASA) a comezos dos anos 1950, e empregado exclusivamente polo Exército do Aire español. Derivado do tamén bimotor CASA C-202 Halcón, no momento da súa aparición no ano 1958 tiña unhas características inferiores a outros modelos que se atopaban en desenvolvemento en Europa, como o Fokker F27 neerlandés ou o Avro 748 británico,[1] polo que foron construídos en reducido número.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oldprops Casa 207 Azor". www.oldprops.ukhome.net. Consultado o 2022-05-07.
- ↑ "EADS N.V. - CASA C-207 "Azor"". web.archive.org. 2007-12-14. Archived from the original on 14 de decembro de 2007. Consultado o 2022-05-07.